15/3/2013

Gran ano da Animación Feminina en Animacam 2012



Unha vez Finalizada a Fase de Competición On-line e Off-line polos premios do Público Animacam 2012 ao Mellor Director e á Mellor Película, desde a organización do Festival destácase a gran participación de obras realizadas por mulleres que tomaron parte na fase de finalistas de Animacam.

Así, unha de cada tres obras dun total de 77 filmes finalistas, foron dirixidas e realizadas por mulleres animadoras que, ademais de obter unha grande crítica por parte do público, brillaron con luz propia na fase de votacións da V edición do festival.

Como vén sendo habitual nun marco no que figuras consagradas da animación como Joana Lurie, Isabel Herguera, Svetlana Filippova, Mariña Moskhova, Paola Luciani ou Karla Castañeda volveron a tomar parte, directoras de animación noveis tamén apostaron por Animacam para presentar os seus primeiros traballos ante o gran público internacional.

Nunha edición marcada polo alto nivel das obras a competición - entre elas nominadas aos Óscar ou os Goya -, directoras noveis como Belén Sousa, Silvia Carpizo, Anu Laura Tuttelberg ou Mariana Ramírez destacaron na fase de votacións cos seus primeiro traballos de Animación.


Desta forma, as obras Only You (Belén Sousa), Alienation (Silvia Carpizo), Fly Mill (Anu Laura Tuttelberg) e Pardesi (Mariana Ramírez) conseguiron un máis que merecido posto no Top Ten de Animacam 2012.



Outras obras que despuntaron na  competición a mellor película de animación por parte dos votos do público son : Bajo a Almohada de Isabel Herguera, cun meritorio terceiro posto; a iraniana Tunnel de Maryam Kashkoolina, en sexta posición; e Where Dogs Die de Svetlana Filippova, cunha oitava praza.

En adición, na fase de mellor director de animación e dentro dun Top Ten con marcado carácter feminino, destacouse a: Eigth Minutes Deadline de Zina Papadopoulou, segunda nas votacións; a xa nomeada Alienation de Silvia Carpizo, terceira; a codirección de Raquel Diana Rodríguez Lago en The End, cuarta; a ópera prima de Mariana Ramírez, Pardesi, sexta; a codirección de Helene Marschall no  premiado filme francés De Riz ou D´arménie, sétima; a galega Belén Sousa co seu primeiro traballo, Only You, Oitava; a letona Annu Laura Tuttelberg con Fly Mill, novena; ou a codirección do Filme alemán Perpetuum por parte de Caroline Reucker, seleccionada en decimo lugar. 

Con todo isto, un ano máis reforzase a presenza da muller animadora no Festival, caracterizado pola alta calidade das súas obras e os elaborados proxectos presentados. Sendo por elo, que dende a organización de Animacam faise ineludible facer mención a tan imprescindibles achegas, que conforman unha parte moi importante da idiosincrasia do festival.

Podedes gozar de moitas delas na Web do festival facendo click aquí.

Moitas grazas a todas as participantes

Organización Animacam 2012   

8/1/2013

Hoxe comeza o período de votacións dos finalistas Online en Animacam 2012



O inicio da fase de votacións Online ten lugar dende hoxe 8 de xaneiro até o próximo 8 de febreiro, por parte dos usuarios e internautas que se rexistren na WEB de Animacam.

 Para poder votar os teus filmes favoritos na V edición de Animacam debes estar rexistrado na web ... así que, a que esperas?, rexístrate xa e se o primeiro en apoiar ao teu filme favorito dos 41 participantes. 

Gozade da proposta amigos!!!


5/10/2012

Aberto Prazo Recepción de Filmes en Animacam 2012



Dende o pasado 1 de outubro ata o 31 de decembro, Animacam manterá aberto o prazo de Recepción de Filmes para a súa V Edición 2012.

Animacam invítavos a participar e promocionar os vosos Filmes Animados nesta V Edición do Festival que este ano incrementa Premios (Catro en total, dotados con 3.000€) e presenta Sede Física Offline, nun dos máis relevantes espacios culturáis de España, o MUSEO DE ARTE CONTEMPORANEO GAS NATURAL FENOSA, en  A Coruña. Podedes realizar unha primeira visita virtual ao Museo a través do vídeo que pecha este artigo.

Para participar consultade as Bases, cumprimentade e asinade a Ficha Técnica que se adxunta na cabeceira deste apartado na Web de Animacam 2012; e enviádea ao enderezo indicado no fondo.


Posteriormente, debedes subir o Vídeo desde na Sección USUARIO unha vez vos teñades rexistrado.


Nesta V Edición non hai data de inicio de producción do Filme, sendo o único esixible para concursar, que a Obra se finalizara entre os anos 2011 - 2012.

Lembrámosvos que para poder Competir na Selección de Finalistas e optar a un dos Catro Premios, que se outorgarán en función da votación do público, tanto o Online a través da Rede, coma o Offline asistente aos actos de Exhibición dos filmes en Galicia, debedes enviar unha copia en DVD HD do filme participante a:

ANIMACAM

APARTADO 1.044

32080 OURENSE ESPAÑA

Canto antes comecedes a enviar Filmes, maior defusión e impacto internacional terán.

1/10/2012

ANIMACAM V EDICIÓN 2012

365 DÍAS PARA CELEBRAR 5 ANOS ANIMANDO O MUNDO


Á XENTE DO MUNDO ANIMADO
AO PÚBLICO ONLINE NO MUNDO
A TOD@s, ¡BENVIDOS!

RECEPCIÓN DE FILMES
1 OUTUBRO 31 DECEMBRO 2012

NOMINACIÓN DE FINALISTAS
 7 XANEIRO 2013

VOTACIÓN PÚBLICO ONLINE
8 XANEIRO 8 FEBREIRO 2013

8-9 FEBREIRO 2013

FALLO PREMIOS ANIMACAM ONLINE E ANIMACAM OFFLINE 2012
12 FEBREIRO 2013

MELLOR DIRECTOR/A ANIMACIÓN 2012: 1.000€
MELLOR FILME ANIMACIÓN 2012: 1.000€

FALLO PREMIOS SOLSTICIO DE VERAO E PALMARÉS ANIMACAM 2012
30 AGOSTO 2013

MELLOR GUIÓN 2012: 500€
MELLORES EFECTOS VISUAIS 2012: 500€

CLAUSURA V EDICIÓN E APERTURA VI
1 OUTUBRO 2013

30/9/2012